O NOSO PATRIMONIO





Pois é que estou a facer un pequeno traballo sobre os cruceiros da nosa parroquia, aínda que sexa polo menos facer unha pequena ficha. Non é traballo doado xa que os cruceiros distan os uns dos outros e esta parroquia é moi grande.

En total contei oito: un no Catadoiro, tres en Portonovo, dous na Xesteiriña, un no Seixal e un na Barrosa. O que xa non sei é si hai algún en Arra pero eu nunca vin ningun, se o houbera pídovos que mo digades. Grazas.



Velaí vai a primeira reportaxe: trátase do cruceiro do Catadoiro, que é un dos que máis preto queda do Pombal . Está situado ó lado da ponte do río Fabaíños, e non o puxeron aí de casualidade senón que a ponte garda un simbolismo (bautismo prematuro) a auga é sinal de vida.

A plataforma é cuadrangular e consta de tres gradas. No pedestal pódese ler: "DEVOCION DE JOAQUIN ESTEVEZ AÑO 1823 ". O fuste de sección octogonal rematada por un capitel con catro saíntes e na fronte a figura da virxe coas mans cruzadas ó peito e veo na cabeza.

A cruz , que imita o tronco dunha árbore e ten as aristas-matadas,consta do cristo crucificado e mais de un anxo que lle recolle o sangue cun cáliz, que relata o que aparece na paixón, e enriba o cartel da inscripción INRI. Na parte posterior temos unha representación moi fermosa da coroación da virxe có neno como raíña dos ceos, dous anxos situados un en cada lado suxeitan a coroa. Esta advocación da virxe é a da Asunción que é a patroa da parroquia e cuxa festa celébrase o 15 de Agosto, isto tamén é importante destacalo.


Este cruceiro destaca pola súa grande fermosura pasando inadvertido entre os que camiñan diante del como se non levase alí máis de século e medio. A anatomía do corpo é perfecta, mostrando todo detalle e ata se pode apreciar cómo os cravos pasan a través das extremiades. O pano da pureza é moi traballado e as formas tamén. Moi poucos cruceiros en Galicia teñen anxos de corpo enteiro e menos suxeitado un cáliz na man. Atopámonos diante dun tesouro, dun enigma cargado de anos e de símbolos que os antigos sabían interpretarmoi ben.

Comentarios

Entradas populares