De PombalCity a Plataforma O Pombal
Xa pasaron catorce anos desde aquel día cando unha versión moito máis nova de min mesmo comezaba esta andaina dixital coa idea de facer unha bitácora que mesturaba o persoal coa vida do barrio no que nacín. Moito ten pasado durante case década e media, tanto a nivel político como familiar e tamén no tocante a movementos asociativos e veciñais. Despois de algúns anos nos que estiven fóra, e incluso cunha pandemia de COVID de por medio, continuamos ó pé do cañón para intentar mellorar a vida e o futuro dos e das habitantes do Pombal, que co paso do tempo comezou a adquirir, máis se cabe, entidade propia. Dende a fundación de PombalCity, a finais dos 2000, foise cohesionando un movemento veciñal entorno á demanda de medidas de seguridade, tanto da estrada EP-9206 como da propia Rúa Pombal e o empalme coas dúas rúas que levan a Portonovo, a Rúa do Río e a Rúa Río Valiejos. A seguridade viaria para peatóns e sobre todo, para o en...







