Rúa Pombal

Nestas datas de hai xusto un ano o Concello veu de aprobar en sesión plenaria a modificación do rueiro local. Unha vez asumidas as novedades e colocadas as placas correspondentes só queda agardar a que a xente se afaga ó cambio de nomenclator, pois ben sabedes que os cambios levan o seu tempo de adaptación.

Para ver a imaxe ampliada facede clic enriba.

Mais pola contra aínda quedan algunhas rúas por nomear., Aínda que hoxe algunhas delas son meros camiños ou pistas están bastante transitadas e pertencen á zona denominada "urbana", coa carga impositiva que acarrexa, polo tanto tamén teñen dereito a unha denominación e recoñecemento oficiais.
Como seguro que xa coñecedes doutras entradas do blog a seguridade viaria da EP-9206 brilla pola súa ausencia, pese a transcurrir o 50% do seu tramo en "casco urbano" e o que é aínda máis grave, é unha zona de tránsito peonil de nenos e xente maior, e onde están situados un colexio e un parque infantil, ademáis do cemiterio e a igrexa parroquial. 
Placa posta polo concello recentemente en Poleiros.

Pero as faltas viarias na estrada de Adina non son tema que vaia centrar esta entrada do blog, aínda que desde logo centrarán outras futuras. Polo de agora a recentemente denominada rúa Río Valiejos segue sen ofrecer garantías de seguridade e urbanidade e a rúa do Río aínda que un pouco mellor vaille á par.
Este post vai dedicado á ofrecer unha serie de propostas para reampliar o rueiro no barrio.
En cor vermello as novas propostas e en cor negro o nome xa existente das rúas. 
Espero que vos guste a proposta.
Por certo, O Pombal segue sen cartel nin nada que indique o nome da rúa.

 Debe de ser máis prioritario o Río Valiejos ese que ninguén sabe por ónde flúe, nin si leva auga nin farrapo de gaitas. Ese río recordame ó mar de Aral, desecado pola cobiza da URSS... todo un desastre medioambiental, outro máis dos moitos deste concello. 
Suma e segue.

Comentarios

Entradas populares