Venecia ou O Pombal?


O POMBAL, A RÚA IDEAL PARA PRACTICAR O RAFTING EXTREMO



Plasticos e lodos  levan anos acumulándose no cano de pluviais.

De todos é sabido xa que o abandono das marxes da estrada provincial EP-9206 é un feito, polo tanto non aporto novidade algunha. 

Non hai nin limpeza, nin seguridade, e nalgúns casos nin tan sequera iluminación axeitada.
Despois de tantos anos os veciños xa levamos asumindo con indignada resignación esa actitude política de mirar cara outro lado que poñen en práctica moi a cotío na nosa terra.
Dez anos despois do arranxo da estrada e tras demandar ás autoridades competentes servizos e sinalizacións importantes das que algúns tramos de moita concorrencia peonil carecían aínda quedan moitas cousas que mellorar, pasando pola urxente actuación de dotar de beirarrúas decentes, e non arcéns, e alumeado público á rúa Río Valiejos, e de medidas para reducir a velocidade no entorno do Colexio Abrente, así como asegurar a protección dos peons tamén na zona do Parque San Miguel e da rúa homónima.

O estado no que se atopa é lamentable.

Pero, ademáis da escasa atención que as autoridades competentes lle fan ás devanditas advertencias veciñais en canto a seguridade cidadá hai que sumarlle o penoso estado no que se atopan as cunetas que recollen as augas pluviais. Na maioría dos casos están cubertas de terra e malezas, o que impiden o desaugamento eficiente cando caen fortes choivas.

No Pombal, as augas da choiva corren a moita velocidade, xa que aproveitan a pendente e se enfilan cara a Portonovo. Polo tanto, tódolos anos ó chegar a época das choivas sufrimos inundacións, aínda que non teñen consecuencias moi graves, en ocasións a auga ocupa toda a estrada por ambos lados supoñendo un risco para viandantes e conductores.



A vexetación crece nunha capa de lodo que supera o formigón.




Isto non é todo, non. Hai uns anos a algún ser intelixente e operario de Telefónica ocorréuselle a brillante idea de construír unha arqueta de teléfonos inmediatamente despois da saída dun tramo canalizado de pluviais, polo que a saída da auga se viu obstruída. No extremo contrario do caño foise acumulando terra e diferentes residuos, colmatando a tubería de escaso diámetro e impedindo a auga discorrer pola tubería souterrada, polo que a auga se ve obrigada a invadir a estrada.

A mala sorte é que precisamente ese atasco che ocorra diante do portal da túa casa, como é o caso, e que cada ano a choiva anegue e encha de lodo a entrada á túa vivenda, incluso chegando ós límites de recibir algunha que outra molladura dentro da túa propia casa ó salpicarte de auga un coche que baixa a gran velocidade.

Arqueta de Telefónica e nova saída creada este verán.
O pasado verán operarios municipais, despois de anos co asunto diante dos narices pero facendo caso omiso, viñeron a intentar dar solución ó problema do listo e intelixente que atrancou a cuneta e sortearon a arqueta para dar saída á auga máis adiante. Sen embargo aínda así o problema persiste, xa que a tubería se atopa chea de lodo e terra. de arriba a abaixo  A solución pasaría por abrir toda a cuneta e cambiar a tubería, e logo realizar unha canalización máis efectiva para impedir que terra e residuos a volvan a cegar de novo.



Ogallá que algún día fagan caso das deficiencias graves da EP-9206. Supoño que si non nolo fan é porque non nos facemos oír o suficiente. Ou quizais nada.

 Veciños, ninguén o vai a ir a facer por vós.

Comentarios

Entradas populares