3 de Maio. Día da liberdade de prensa.




Un tres de maio máis conmemoramos a Declaración de Windhoek, pioneira na reivindicación da liberdade da prensa e insólita por producirse en África, concretamente en Nambia. A UNESCO marcou hai xa 21 anos este día como o día de todos e cada un dos xornalistas. Máis que nunca hoxe é necesaria a transparencia, a ética e a profesionalidade na prensa, que se ve atacada polos males desta sociedade de consumo onde o audímetro e o merchandising reinan, ou no seu defecto os partidos gobernantes de turno manipulan e prostitúen as cadeas. Non nos podemos esquecer dos principios básicos, como son informar e ser un medio útil á sociedade, unha ferramenta base para a democracia e para crear unha sociedade máis crítica e menos adoctrinada. Por uns medios libres, nesta etapa de crise profesional e persoal da prensa. Seremos o Ave Fénix. FELIZ DÍA XORNALISTOS E XORNALISTAS.
Hai futuro, só hai que gañalo.
Máis información sobre Windhoek : 
www.un.org/spanish/events/pressday/2008/windhoek.shtml

Comentarios