Martes negro



Onte puiden comprobar de primeira man a importancia da comunicación interpersoal na vida diaria. Sei que lle pode ocorrer a calquera, é que un despiste te pode traizoar, e non é necesario ir a moita velocidade. Todo sucedeu sobre as sete e dez da tarde cando ía ó supermercado no meu coche xa que ó ver que chovía decidín ir e así poder cargar máis do habitual. En cuestión de minutos comezou a chover con máis forza e de súpeto apareceu un coche diante miña que se dispoñía a incorporarse a outra rúa. Eu nunha manobra áxil intentei esquivalo xa que o tiña enriba, con tan mala sorte de que a estrada mollada fixo o resto e produciuse o golpe. Inmediatamente saín do vehículo para comprobar os danos e vexo a miña aleta dereita afundida, e pola contra o outro vehículo implicado só tiña pinchada a roda contra a que lle impactei e poucos máis danos. O estado de nerviosismo dese momento faise evidente e pregúntaste por qué ten que pasarche a ti, pero logo recapacitas e pensas que non houbo feridos e que só foron danos materiais. No outro coche ían dúas señoras xa maiores, unha delas era a que conducía, que en todo momento actuaron correctamente, sen alterarse nin faltarme ó respeto. De súpeto aparece o axente de seguros da boa señora, que de casualidade pasaba por alí. A sorte foi que eramos da mesma compañía de seguros o que axilizou o proceso. Co sucedido dinme conta da importancia de manter a calma nestas situacións e saber comunicarse co resto de afectados e, aínda que sempre me quede iso de poder telo esquivado por pouquiño as cousas pasan e non hai máis voltas.

Comentarios

Entradas populares