Coplas de Entroido

AI QUE NON CHEGA




Este ano no entroido
este ano vai ser boa
coa subidiña dos prezos
calquera fai as filloas.



Os prezos van polas nubes
e cando vas pola praza
pasas por xunto a verdura
ves voar unha cabaza!!!!.


E no carriño da compra
vas polo supermercado,
carallo como subiron
os prezos dos conxelados!!!


O que ganas ti non chega
tes un soldo mileurista
haise que pluriemplear
traballar de electricista.



Eu non sei por qué subiron ,
polo prezo do petróleo
a crise en Oriente Medio
ou será a gripe do polo.


O asunto é que non chega
para botar gasolina
tes que ir a traballar
na bici da túa sobriña.



Agora o que está de moda
respectar o medio ambiente
porque hai que limpar o mundo
que está cheo de mala xente.



Este tempo está tan tolo
case que non hai inverno
aforro en calefacción
que é o que di o goberno



Miña nai plantou cebolas
e mercou o ceboliño
co quentamento global
auga non ,rega con viño.



O carnaval vai ser moito
con esto das eleccións
haberá que ir de Rajoi
de Pepiño o socialista
e ata de Julián Muñoz.



Xa temos que ir rematando
porque eu cobro por horas
os euriños fanme falta
para ir facer filloas.

Comentarios

Entradas populares