Salvemos o que nos queda.


SOS río Fabaíños: O río atópase nun estado lamentable ó longo de todo oseu percorrido.
Este regato noutrora respetado e coidado forma parte do sistema de ríos da parroquia, onde varios ríos principais conflúen nun punto, onde antigamente vertían as súas augas á praia de Baltar e formaban un esteiro, que era coñecido có nome da Xunqueira preto do colexio, e Carballeira pola zona dos terreos que agora ocupan a macrourbanización Illas atlánticas e o Cámping Baltar, onde contaba o meu pai que ía có seu tío pescar angías cando subía a marea .


Na actualidade o Fabaíños transcorre canalizado dende o lavadeiro de Barbeito ata o seu entronque có río Baltar e a saída no peirao do chasco. A parte do río que está ao descuberto (que é o resto ) non está nas condicións que se merece un ecosistema fluvial. Nembaragantes, a riqueza paisaxística e a beleza do lugar, onde nas marxes do río se atopa flora e fauna típica dos nosos ríos e onde o microclima desta zona é fundamental para o desenrolo desa forma de vida.

Quen queira ir velo pode ir camiñando, desde Portonovo, entre Mitos e O home do saco hai un camiño entre fincas que nos leva ao lavadoiro de Barbeito e seguindo o río ata arriba (atravesando algunha finca) chégase ata o lavadoiro do Catadoiro, que restauraron recentemente.

O ideal para ese entorno era habilitar un sendeiro non agresivo coa natureza (ata polo menos a ponte da estrada que une Adina con Arra), limpar a maleza que poida molestar ou causar incendios no verán, sinalizar a ruta como ruta obrigada de senderismo na parroquia de Adina, como ruta fluvial de interior; o que sería un aliciente para o turismo verde, tamén a limpeza dos fondos do río e a catalogación das especies deste ecosistema fluvial, tanto de flora como de fauna.

Creo que Sanxenxo como concello "buque insignia " do turismo en Galicia ten que facer por recuperar a pouca natureza que lle queda e que no seu momento debeu ser acolloante, como testemuña meu pai do que foi a zona intermareal de Portonovo, ou as verdadeiras dunas de Baltar, que se estendían costa arriba.

Si a xeración de hoxe non toma conciencia da conservación do patrimonio que os nosos antergos nos deixaron en herdo e que forma parte de nós como povo, mais tarde terá que tragar con reproches que farán os que veñan diante e isto será a pescada que se morde o rabo.

Alá nós.

Comentarios

Entradas populares