Volta á normalidade.

Acabado o verán toca volver á normalidade, pero bueno, para min este verán foi basicamente de traballo. E onde estiven traballando ?... pois no mesón O Chasco, en Portonovo. Non estiven mal, o que pasa é que case non fun á praia e estaba todo o día de casa ó traballo e do traballo a casa.
Este outono vén cargado de proxectos por facer, teño que sacar o carnet de conducir, empezo unha nova etapa en 1º de bacharelato, vou colaborar na revista de Adina,volver a coro, seguir de sacristán..... e todo o que apareza por aí.

Non pasou nada novo dende Xuño no Pombal, bueno si... o meu pai fixo un panterlo para cazar os paxaros pero o que fai é coller rulas e soltalas. De momento leva collidos unha rula do país, unha rula turca, unha lavandeira e unha pega e bueno, haberá que esperar.

Setembro é tempo de cambios e de colleita, mmmmm viño, uvas, marmelo, espigas..... ese cheiro a outono e os días xa van a menos, pero é o que hai.

Comentarios

Crisval ha dicho que…
Me encanto tu blog...!!!!!!....cuentas el dia a dia de tu pueblo.....y asi es como me gusta conocer Galicia......con las historias de su gente...
Dende Bosaires....FELICITACIONS!!!!!!!!
Anónimo ha dicho que…
Que sorpresa acabo de levar. Eu que son veciño do Pombal dende o meu nacemento, e no tiña nin idea que xa hai case un ano que temos un blog do noso pobo.
Alégrome moito, sobre todo ao darme conta de quen é o artífice desta gran idea.
Espero que sigas adiante coa tua labor e que corras a voz no Pombal de que tes este blog para que a xente colabore ou inserte comentarios e lembranzas.
Eu son dunha xeración intermedia entre teu pai e ti, e non te podes imaxinar o diferente que é o noso Pombal dende os meus anos de rapaz, no só na parte invasora da construcción, nin nos cambios paisaxísticos, senón na pérdida de contacto nas relacións persoais entre os veciños. É normal ... os tempos pasan moi rápido.
Un saudo e adiante.

Entradas populares