San Antón Abade 2009
(Artigo de peche da 1ª etapa do blog 2008-2009)
O pasado fin de semana Adina celebrou por todo o alto as festividades do mes de Xaneiro, e tamén a primeira festa gastronómica, como foi a festa da Orella de porco.
O sábado 17 houbo pasarrúas polos lugares de costume e Misa Solemne cantada polo coro de Meaño e seguida de procesión e a subasta das cacheiras á que asistiron as autoridades municipais acompañando así tamén á directiva da nova comisión de festas.
Logo xa pola noite gran verbena na pista de Adina coas orquestras Solara e Super Combo na que tivo lugar ademais un sorteo para unha cea, durmida e almorzo doada polo hotel Peregrina.
No Domingo houbo, logo da misa dominical sesión vermouth amenizada pola orquestra Naranja que tocou duante o trascurso da degustación da orella, tortilla e demais pratos.
Xa pola tarde houbo un festival de baile organizad pola A de VV San Miguel de Adina e que contou coas actuacións do grupo de gaitas "Os Gatiños" de Portonovo, Asociación Cultural "Lembranzas" de Portonovo e o grupo de baile moderno "OS AUTÉNTICOS DE ADINA", que foi o encargado de poñerlle o peche a esta xornada festiva.
Pola noitiña houbo verbena e o sorteo dunha cea no mesón Xesteira, pero as inclemencias do tempo impediron que durara ata o seu remate, o que foi unha verdadeira mágoa polo ben que estaba organizado todo, pero ben, isto non fixo máis que comezar.

Comentarios
En fin, un saúdo.