VOX POPULI. (á rexidora)
A nota de prensa da publicación anterior está recollida da páxina web do Concello de Sanxenxo, publicada o 10 de Marzo.------- - Podedes acceder dende os enlaces do blog ,na dereita da pantalla.
Dende pombalcity queremos manifestar a nosa sadisfacción polas xestións levadas a cabo pola nosa alcaldesa, quen recibiu no seu día unha serie de peticións veciñais, destacando esta como primordial, dada a perigosidade que supoñía para os usuarios destas vías de acceso ó pobo de Portonovo. A mellora de condicións supón un alivio tanto para os peóns, xa que permitirá unha maior seguridade, así como para os vehículos que xa non se atoparán con camiñantes no arcén e mesmo invadindo parcialmente a calzada. É de supoñer que a cercanía dun colexio na zona e o tránsito de nenos obrigará a que na actuación a realizar se teñan en conta estes aspectos,no mesmo caso que nos accesos á igrexa.

Comentarios