E para o Fabaíños cando??


Segundo se pode ler na páxina web do noso Concello, a parroquia de Dorrón contará máis tarde ou máis cedo cun novo atractivo digamos de "turismo verde". O río de dita freguesía, encaixado nese fermoso val e que morre na praia de Areas será obxecto dun proxecto de senda natural,promovido por Concello e Deputación. Este paseo, a modo de roteiro, percorrerá os catro Kms e pouco ate case a raia con Meaño. Limpeza dos seus cursos, áreas de descanso, paneis informativos e un longo etcétera adobiarán o curso fluvial.
Todo isto sona marabilloso e dende o blog alegámonos por este proxecto para Dorrón que sen dúbida porá o broche ó turismo de sol e praia de Areas e encherá furanchos de madrileños.
Pero... e o Fabaíños qué? O Fabaíños xunto có río de Baltar vertebran a paisaxe da parroquia máis extensa do municipio...si señores, dito isto vostedes tamén pensaron en Adina, a que sí? Esta gran parroquia mariñeira, pero ollo ! TAMÉN LABREGA. E non ai unha alma que mova un dedo por promover a parte máis verde da nosa aldea?? Sendo Portonovo capital administrativa e embigo da parroquia, xunto co núcleo semiurbano de Baltar todo o demáis é tratado como extrarradio, como a "aldea" da que proveerse de leitugas , patacas ou viño. E digo eu que haberá que poñerse a facer algo, non? Por exemplo comezar a poñer enriba da mesa alternativas verdes e rutas de senderismo, pero en serio, e NON propoñer unha ruta pola acera da beira da estrada, como ata o de agora,  para ir mirando a paisaniña darlle ó sacho, como fan no verán os "peregrinos" (apelativo cariñoso que lles poño eu os que se hospedan no Hotel Peregrina e soen ir ata Portonovo camiñando.)
Xa está ben de utilizar o monte de Faro como escombreira tanto de de anónimos como nun pasado da mexilloeira local, xa está ben de ver cómo os NOSOS ríos e regatos acumulan merda ano tras ano e que quede impune. Salvemos o que aínda temos. Cómpre rexenerarse. Albisco novos tempos para esta parroquia, a de todos e todas, para que dunha vez se dea conta do que vale e do que pode ofrecer a veciños e visitantes. Non pretendemos sermonear a ningúen, so queremos que o lector abra os ollos.

Comentarios

Entradas populares