Búscase "xestor valiente" para cafetería en Casa da Cultura

A páxina web do Concello de Sanxenxo publicou unha noticia o pasado mércores 30 de novembro onde titulaba :
"O Concello de Sanxenxo licita o servizo de bar cafetería nas Casa de Cultura de
 Dorrón e Adina"
Coa publicación do concurso no DOGA e no BOP ábrese o prazo de licitación . Xa sabedes, os interesados tendes ata o 15 de decembro para presentar a vosa proposta de "negocio". Quizais sexa unha oportunidade para que os mais novos da parroquia comecen na maravillosa aventura do pequeno empresario.
Segundo a páxina municipal " O O.A Terra de Sanxenxo saca a concurso esta prestación mediante un procedemento aberto, establecendo un prezo de licitación de 1000 euros anuais. IVE incluído e ofrecendo un contrato de un ano prorrogable outros catro."
"Poderán concorrer a este proceso as persoas naturais o xurídicas españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade para obrar, non estén afectados por algunha das prohibicións para contratar enumeradas pola Lei 30/07 de Contratos do Sector Público e que acrediten a súa solvencia económica, financieira e técnica."
Por suposto que hai que levar un proxecto interesante. Mesas de diseño para a terraza, camareras "buenorras" pero sempre mantendo o local limpo e seguro, que os seus cartiños custou ! Nin máis nin menos que 800.000 euros ( suponse que 400.000 € para cada casa) que xa é un capital.
Esta é unha oportunidade única. As empregadas da de Leiro xa poderán ir tomar o café, os maridos que van coas donas ó cemiterio tamén poderán afogar as penas, e no día de defuntos non vai chegar local para tanta xente.

Pois polo visto Adina vai contar cunha cafetería ó nivel que case a de Nandy's do Espiñeiro, pero con terraza con vistas á factoría de Leiro e ó cemiterio de Poleiros !!! polo menos será un aliciente para aquelas nais que visto o abarrote da cafetería do parque de Portonovo se veñan ata Adina cos rapaces e pasen un anaco de tertulias !! E non falemos dos xubilados e xubiladas de Adina e arredores que os domingos xa teñen un lugar de abrigo. Todo vantaxes vamos !
UN SAÚDO DO AUTOR
DLM
Máis información en http://www.sanxenxo.es/?idMenu=66&int1=2745

Comentarios

Entradas populares