O Pombal vibra coa XX edición da Carreira Escolar do Salnés.
E xa van aló nada máis nin nada menos que 20 anos de carreira do Salnés. O histórico certame que organiza dende hai dúas décadas o Colexio Abrente de Portonovo sito no Pombal reuniu esta mañá a preto de 1000 escolares procedentes dos colexios da comarca e incluso doutras partes da provincia.
| A estrada estivo pechada ó tráfico. |
Rapaces e maiores sumáronse
na festa deportiva por excelencia
de todo o Salnés, unha cita que se foi consolidando nos calendarios de eventos deportivos dos diferentes centros educativos salnesianos. O longo deste tempo xeracións de estudantes
participaron coma hoxe ano tras ano nesta carreira.
Os máis novos hoxe tómanlle o relevo ós veteráns de anos atrás.
O firme compromiso do colexio organizador co deporte en galego é o mellor aval que este evento pode ter, e xunto coa paixón e as ganas necesarias por parte dos profesores e profesoras de Educación Física poñen o resto.
| Mozos e mozas en pleno quencemento antes de dar comezo á carreira. |
| Dende a categoria aficcionado ata as inferiores foron pasando polo podium. |
| Quentar e pasalo ben tamén con aerobic e música. |
Esta mañá o sol radiante nun espléndido ceo azúl xunto co verde intenso das hortas que rodean o recinto escolar e o aire limpo e algo fresco que se respiraba animou e axudou ós corredores a chegar á meta.
Protección Civil, Policia Local e un dispositivo de coches vasoira do colexio traballaron arreo na seguridade do evento que colaboraron para que non houbese o menor problema e así transcorreu a carreira sen ningún accidente importante.
| Rapaz facendo os estiramentos pertinentes. |
| Á volta o cansanzo xa é notable. |
| Os máis pequenos tamén desfrutaron dunha mañá de deporte e competición. |
Esperámosvos aquí na edición XXI da carreira do Salnés o vindeiro ano, e que continue por moitas edicións máis.
| Ó remate máis de 10 autobuses agardaban polos corredores. |
Texto + Reportaxe fotográfica: elaboración propia.
Máis información en : http://www.colexioabrente.com/

Comentarios