Granizada no Pombal

Comezamos o ano como o rematamos, cunha intensa borrasca situada ó norte das illas Británicas que non deixa de enviarnos frontes desde as vésperas da Noiteboa. 
Tras unha madrugada de forte vento e treboadas hoxe ó mediodía o ceo escureceu e en 10 minutos descargou puro xeo cubrindo o xardín e o asfalto de pedrisco. Para os días seguintes o tempo virá marcado pola inestabilidade e o temporal de suroeste. Esto é a invernada señores.








Teño que dicir que eu son un apasionado dos fenómenos adversos e das tormentas, polo que a pasada madrugada a pasei vendo a forte treboada e os raios que tinguían o ceo de azul eléctrico. 
Ós que lles gustan estas cousas xa saben do que falo.
Aquí vos deixo unha ligazón coas últimas incidencias causadas polos temporais e tamén a reportaxe fotográfica.



 Temporal no Diario de Pontevedra.



 FELIZ 2
014 !!
Que este ano sexa mellor que ó anterior, e se cabe, que non sexa peor que o 13.

Comentarios

Entradas populares