Cumpleanos de Manuela Durán


Hai hoxe oitenta e catro anos, un 28 de febreiro de 1928, nacía en Fontoira, (Sanxenxo) Manuela Durán Torres, filla de Carmen e Pastor, nunha familia humilde e traballadora. A comezos dos anos cincuenta e logo de pasar anos de fame e necesidade casou con Manuel Leiro García, natural do Pombal, da casa de mamá Lucía, como era coñecida a súa nai, e foise a vivir á casa do home. O matrimonio tivo dous fillos (Jose Manuel e Adoración) pero a vida non lle permitiu ter mais pois poucos anos despois de nacer a súa filla morría o seu marido. Traballou moi duro para sacar ós seus fillos adiante, foi costureira e ía cosendo polas casas coa máquina de coser na cabeza. Tivo que ver como o seu fillo, ó librar da mili marchou para a emigración con 18 anos, e casaría catro anos despois. Logo naceríalle a súa primeira neta,á que lle seguiron 7 mais. Xa no novo século habíanlle de nacer os bisnetos, (Iago,2000; e Brais e Ángel no 2006). Despois de tantos anos non parece que desfalecera, pois a súa saúde, fora dos achuches da idade, non é mala. O importante é ter ganas de seguir. Moitas felicidades avoa e que poidamos celebrar moitos aniversarios máis, ás veces con entroidos e outras veces en coresma. Bicos do teu neto.

Comentarios

Entradas populares