Os rabirrubios saen do niño.
Despois de tres semanas dende que no cumio do faiado albisquei 4 oviños brancos que se abriron e despois de sentir os chíos dos poliños famentos e dos pais que ían e viñan cun verme no peteiro para os alimentar por fin lles chegou a hora de abandonar o berce e de inspeccionar os rincóns do faiado. Dos catro ovos so conseguiron saír adiante 3 crías, pero o máis sorprendente é que aínda fora do niño os pais teñen que seguir alímentandoos porque aínda non voan ben e non son adultos de todo. O que non sei é canto tempo lles fai falla ós Rabirrubios (colirrojos) para emprender o voo.
Aquí tedes unha reportaxe fotográfica que conseguín obter onte onde tamén gravei o seu trinar. Esta cría de 2013 está tocando ó seu fin pero esperámolos para o 2014 porque son aves migratorias e van ó sur se os invernos de aquí son moi fríos. Información sobre o curroxo ou rabirrubio.

| Detalle da cría. Plumón na cabeza e no rabo. |
| O rabo xa presenta cor vermella. |
| Cría pedindo comida á nai. |
| A nai chamando polas crías. |
| Cría agochada de min. |

Comentarios