Pues no era de ruiseñor, era de rabirrubio tizón !

Hoy es 21 de junio, y desde aproximadamente las 7 de la mañana daba comienzo el verano astronímico en el hemisferio norte, con su correspondiente invierno austral.
Pero el caso que nos ocupa hoy, aunque algo tiene que ver con la estación que damos comienzo, no es la llegada del estío, que tanto echamos de menos sinó que es una cuestión ornitológica pendiente de ni más ni menos que de hace justo un año.
Como podréis comprobar en la hemeroteca de este nuestro blog si buscais por junio de 2012 una entrada que titulaba así, "Pois era de ruiseñores". Y ahora a fecha de 21 de junio de 2013  debo decir "Pois non era de ruiseñores, era de RABORRUBIOS !! que non confundades con paporoibos. (Pásome ó galego)
Nidada típica de Colirrojo (no es la mía)
Por si andades algo perdidos, que a maioría de seguro que si, resulta que no faiado da casa hai desde uns anos atrás, dous niños de paxaro, un en cada cumio do tellado, e como para que non colla calor excesivo sempre hai unha ventá aberta polo que os paxaros aniñan anualmente no mesmo lugar. E no faiado teño eu o meu lugar de estudo e de evasión, ó marxe do resto da casa polo que curioseando intentei buscarlle o nome a tal aviador hospedado. Eu nas miñas limitacións e baseandome no que Google me ofrecía creín dar coa solución, "BINGO" son roiseñores, e todo emocionado co achádego publiquei unha entrada para eles sós.
E este ano que volveron a aniñar, como non podía ser de outro xeito, decidín tomar man de expertos para que me resolveran tan decidido misterio, xa que algúns datos como a cor dos ovos non coincidía.
Entón botei man dos amigos de Anelamento Anduriña http://grupodeanelamentoandurinha.blogspot.com.es/
e contándolle as carácterísticas do paxaro e ónde aniñan e por qué poden facelo mandeille un correo electrónico. Nunha semana chegóume a tan ansiada resposta, a cal lle agradezo profundamente, xa que se sodes lectores deste blog saberedes o respecto e o amor que se lle hai que ter ó medio que o rodea, e facer por protexelo polo cal os paxaros son os donos do faiado mentres as crías non saian voando.
Colirrojo en pleno vuelo.
Resumindo, que nada de roiseñor, aínda que ambos son parentes próximos. O paxaro en cuestión chámase Phoenicurus  Ochururos , ou en castelán Colirrojo Tizón, e en galego Rabirrubio común. 
Téñenme tolo da cabeza cos seus chíos as crías e as chamadas que lles fan os pais no niño pero aínda que algo desconfiados, non lles molesta a miña presencia, pero iso si, costa traballo sacárlles unha foto de preto.
Agora vai unha páxina de información sobre este áxil paxariño insectívoro en plena expansión no norte penínsular e máis nada polo de agora, só desexar que pasedes un bó verán e que sexa caloroso pero non abafante e para os que traballedes que haxa traballo e para os que desfrutedes que recarguedes baterías.
Link sobre o rabirrubio, ficha técnica: http://www.botanical-online.com/animales/colirrojo_tizon.htm

En breve subirei outra entrada con fotos propias do niño e dos papás, se me deixan.


Comentarios

Entradas populares