ABANCA, do verbo abancar.

Onte presentouse en Santiago de Compostela o novo banco galaico venezolano, a nova marca da antiga NCG Banco. No re-rebautizado Auditorio ABANCA as autoridades galegas e os novos dirixentes da banca galega presentaron con todas galas o que parece o derradeiro episodio da reestructuración financieira das antigas caixas de aforros de Galicia. Para que nos entendamos fixen este esquema coa evolución do sector financieiro. Por exemplo, si alguén conserva a súa primitiva conta de Caixavigo ou Caixa de Pontevedra, as dúas con arraigo na zona das Rías Baixas, debe saber que esa conta pasou por mans de Caixanova, logo de Novacaixagalicia, coa súa bancarización en Novagalicia Banco e rematou en mans de ABANCA a nova marca trala adquisición dos restos de NCG Banco por parte da bolivariana Banesco con participación do Banco Etcheverría, que xa pertencía a dito grupo bancario. A marca comercial BE tamén desaparecerá, pasando a actuar como banca privada.
Como curiosidade léxica, Abanca é a terceira persoa singular do presente de indicativo e a segunda persoa singular de imperativo do verbo ABANCAR palabra polisémica que ven de significar:

1. Adiantar máis nalgún traballo. Tomarlle a dianteira a outro nalgunha laboura calquera.
2. Facer os traballos de maneira metódica para evitar a súa aglomeración e dificultade posterior para levalos a cabo.
3. Ir gañando terreo nalgún traballo material.
4. Gatuñar os valos e os muros de pedra das horras para roubar froita.
5. Saltar, salvar, atravesar un regato ou un burato do terreo dunha parte á outra.

                                                                                                                                            Fonte: Internet e elaboración propia.

Comentarios

Yéssica ha dicho que…
Estamos ante unha filla ilexítima froito dunha orxía de bancos, política e corrupción... Aterrador

Entradas populares