San Xoan 2014

Unha data ineludible a festa de San Xoan no Pombal. Outro ano máis nos reunimos familia e amigos para acudir á cita da cacharela e sobre todo á da papatoria previa. Sardiñas, churrasco e un carrusel de postres do máis variado fixeron retrasar en media hora o prendido da fogueira, aínda que sarna con gusto non pica. O prendido da fogata tense establecido por unha norma non escrita que debe ser na hora meiga, é dicir; a media noite.
Con pan de Amalia, e coas herbas de San Xoan recollidas e dispostas a captar o rocío da noite para lavar a cara na mañanciña nos dispuxemos a cumprir coa liturxia esixida para tal ocasión. O que o día seguinte fose laborable desluceu algo a festa pero que de seguro que se disfrutou dunha agradable compaña nunha noite máxica en toda Galicia, que celebra, en comuñón  coa natureza e o lume a chegada do solsticio de verán.
Por certo que é curioso que en Galicia sempre pasamos os cambios de estación cunha festa, case sempre gastronómica e relacionada cos manxares da terra e a relixión. O verán co San Xoan, o outono coa colleita e o San Miguel; o inverno co nadal e a primavera cos Maios e coa Semana Santa (dependendo como cadre) pero sempre con viandas e doces que levar á boca.
Desfrutade da reportaxe fotográfica e ata o vindeiro San Xoan que será xa no 2015.

Carrasquiña de San Juan



Herbas recollidas para facer a auga



No monte a xente apaña carrasquiña este día



Flor da carrasquiña



Quentando o forno para cocer o pan


Enfornando o pan


Bolas recién saídas do forno



Meterlle o chocolate fai as delicias antes de comer o asado

A grella convirtese en raíña da noite no San Xoan.



Os postres fan as delicias na sobremesa. O mellor momento






Torta de amendoas, leite fritido ou brownies rodaron pola mesa.

As faíscas e as muxicas revoloteaban no ceo.



O prendido da fogueira puxo o broche a unha noite de festa





Lanzar o sal de costas ou saltar a fogueira serven para botar o meigallo






Os máis pequenos tamén saltaron con axuda dos maiores

Comentarios

Unknown ha dicho que…
mimaaa k enchente tuu jajajja

Entradas populares