BENDITO SAN AMARO
Hoxe é o día do patrón da antiga parroquia de Arra, San Amaro, abogado da reuma e das dores de cabeza, ou iso din.Esta festa marca o inicio das festas de inverno ,a que segue San Marzal tamén en Arra e San Antón Abade xa na igrexa parroquial. Pero claro, no inverno chove e hoxe non ía ser menos xa que había aviso de temporal para esta festiva xornada.
As celabracións de hoxe comezaron con misa rezada ás 11 da mañá e misa solemne á 1 da tarde, na que por mor da choiva non houbo tradicional procesión, pero aínda así a xente non dubidou en asistir ás misas xa que este santo ten gran devoción en toda a parroquia. Quero destacar a fortaleza e a devoción dunha muller coñecida por todos como, Rosario (Seruca de Plá ) ,que eu non sei cantos anos ten pero deben ser bastantes, e nunca falta a ningunha festa ou misa que hubera. Dende o banco de atrás oína falar (para facer entre tempo ) con outra señora tamén maior, do vella que debe ser a capela e esas cousas cando falaron de como debían facer naqueles tempos para construír semellantes igrexas, niso estaban cando señora Seruca contou que a igrexa de Adina fixerona os mouros e que iso llo contara o seu avó, que tiñan unhas covas na Lanzada e que foron eles os que abriron a estrada de Adina, bueno se é verdade ou lenda non importa, o que importa é que esas lendas que saben os maiores de aquí ,e que se perderán cando pasen os anos, facer por conservalas.
Xa no Pombal, para nós a festa chegará o Sábado no que en Adina honramos ó patrón dos animais, a misa será a 1 da tarde, e espero que faga bo tempo.
Seguiremos traballando. Boas festas de inverno.

Comentarios