O POMBAL
"O Pombal da Adina atópase a medio camiño entre a vila de Portonovo e o núcleo residencial de Adina. Normalmente confúndese co Pombal de Noalla. Delimita con Barbeito polo sur, co Catadoiro polo oeste, con A Torre e Poleiros polo norte e co río de Baltar polo leste. Quen pase polo Pombal atopará un lugar idóneo para vivir e unha veciñanza tranquila e acolledora, preto de todo e ó mesmo tempo afastada do centro urbano, cunha bonita paisaxe cha de terras de cultivo e labradío, e zona soleada e ventosa. Existe ademais un famoso colexio na zona, con zonas verdes e a Igrexa de Adina a moi poucos metros.
Cómo chegar :Acceso dirección Cambados na rotonda de Portonovo a 300 metros, pola estrada vella de Adina, ou ben indo por Barbeito ou enlazando coa estrada de Cambados.
Monumentos de interese:Na esquina do cruzamento de Poleiros atópase unha antiga casa reitoral e un antigo pombal que lle dá nome ao lugar e numerosos hórreos antigos."
Ben, esta é a información que nos da a Galipedia do Pombal. Eu quería pararme nunha cousa, é que no que se refire a que é confundido refírese a que no noso municipio existe outro Pombal na parroquia de Noalla e os carteiros de cando en vez extravían algunha que outra carta, cousa que non tería pasado se se lle puxera a parroquia á que pertence e non só Sanxenxo sen máis.
Tamén quero animará xente que veña vivir aquí porque como dí o artigo este é un lugar tranquilo e ó mesmo tempo preto de todo.
Seguiremos informando.

Comentarios