SAN ANTÓN 08


O 19 de xaneiro Adina celebrou a festa de San Antón ,o do porquiño.Nesta ocasión o tempo acompañou e ata fixo algo de calorciño o que fixo que a xente se animara a vir á misa e pola noite á verbena.

Houbo misa cantada polo coro de Barrantes seguida de procesión e a tradicional subasta de cacheiras no adro da igrexa.E como non, tamén a rosquilleira, que sin ela non é festa ,claro.

Pola noite tocaba festa, e para estrear o novo campo de festas na praza de Adina estaban as orquestras "Estrellas azules" e máis "Capitol" de Santiago, que amenizaron durante toda a noite a base de pasodobles, rancheiras, merengues e cumbias para mover as cadeiras.

Tamén non faltou o bar ó lado para "calmar a sede" despois dun baile e a rosquilleira, como non. Facía un frío de medo perto iso non impediu o cheo absoluto da carpa (porque fora dela non había quen parara,claro está) e que a xente ten ganas de festa, e para dúas que hai ó ano pois...Destacar o ramo de laranxas como tradicional ofrenda ó santo, que este ano levou laranxas e mandarinas (que estaban ben boas) e tamén a asistencia de autoridades do concello á misa solemne, que se agradece. Este San Antón pecha as festas do inverno que comezan con San Amaro.Pois nada máis, que Santo Antón nos protexa a nós e máis ós nosos animais todos.

Xa conclúo, con este comentario da miña nai : "SE LLE FIXERAN FESTA A SAN JOSÉ NON ME IMPORTARÍA DAR 10 EUROS" así que xa sabedes, que hai ganas de festa.

Comentarios

Entradas populares