O blog de todos refúndase.


COMA O AVE FÉNIX

Coincidindo co inicio do ano 2011 unha nova andaina comeza neste humilde blog pombalense. Eu como editor e administrador quero dar as gracias dende aquí a todos os que no seu dia me apoiaron e o seguen a facer para que continúe a miña labor de curioso e incipiente investigador dos cómos e porqués do que sucede ó noso arredor tanto dende medios dixitais como é o caso deste blog ou noutros no eido da prensa escrita dentro da Revista de Adina, publicación mensual do Diario de Arousa e na que colaboran veciños dunha maneira desinteresada e que o están a facer realmente ben, consolidando ó boletín no noso concello.
Queda entón reinaugurado este blog, aprazado ai xa case dous anos por diversos motivos, e nel fará as súas prácticas un estudante de xornalismo da USC, que non é outro que o mesmo que compón estas liñas.
GRAZAS A TODOS.

Comentarios

Entradas populares